ȤѶֲַ

Ir o contido principal

Plan Formativo Campus Terra 2025

Iniciación a Docker

7, 8, 12, 13 e 14 de maio

Aula de informática da EPSE

Organizador: Escola Politécnica Superior

As persoas participantes neste curso coñecerán as tecnoloxías de contedores e a súa importancia para integralas no seu proceso de administración de sistemas.

Imaxe do Curso
Imaxe do Curso

O Campus Terra da ȤѶֲַ achega formación sobre as prestacións do programa Docker a docentes e investigadores, estudantado universitario así como a axentes do sector produtivo, a través dun curso impartido por Rafael Rodríguez Gayoso e coordinado polo profesor da EPSE, Xosé Ramón Fernández Vidal, e cuxas sesións presenciais se desenvolverán na escola os días 7, 8, 12, 13 e 14 de maio. 

O curso de iniciación a Docker, para o que xa está aberto o prazo de , estase a converter nunha das solución máis solicitadas para levar a cabo as implantacións de servizos na nube. Ao rematar o curso, e grazas ao carácter práctico do mesmo, o alumnado participante terá os coñecementos necesarios para a xestión de contedores Docker nun entorno de servidor GNU/Linux.

O curso presentado é eminentemente práctico, de xeito que o alumnado adquira as destrezas necesarias para trasladar os coñecementos aos seus proxectos software. Os destinatarios tamén poden ser egresados máis ou menos recentes, con coñecemento básico de Linux. En especial, inclúese tamén o colectivo de profesores de materias STEM de ensino secundario que poidan atopar soporte para a mellora da súas actividades docentes nas materias de Tecnoloxía.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2025.