
As súas funcións son as seguintes:
- Identificar e rexistrar os resultados de investigación transferibles.
- Avaliar o potencial comercial e a utilidade social dos resultados de investigación.
- Protexer os resultados de investigación e a súa xestión mediante patentes e outras formas de protección.
- Propoñer e dinamizar procesos de valorización e maduración dos resultados de investigación.
- Negociar, xestionar e facer o seguimento dos contratos de transferencia de resultados de investigación.
- Apoiar e asesorar ás iniciativas de creación de empresas con base en resultados de investigación (spin- offs).
- Fomentar e difundir a transferencia de coñecemento e o emprendemento entre a comunidade universitaria.
- Proporcionar formación relacionada co proceso de transferencia e emprendemento.
Programas
Destinatarios: grupos de investigación.
Obxectivo do programa: a maduración de resultados de investigación que faciliten a súa transferencia ao entorno social e económico.
Destinatarios: estudantes dos últimos anos de licenciatura ou grado, máster, posgrado ou doutorado e persoal dos grupos de investigación.
Obxecto do programa: a través do traballo en equipo e o aprender facendo, acompáñase aos participantes no proceso de definición dunha idea de negocio e avalíase a súa capacidade de chegar a un proxecto convincente.
Destinatarios: mozos e mozas entre 18 e 31 anos.
Obxecto do programa: ofrece apoio, formación e asesoramento durante un período de cinco meses para elaborar plans de negocio baseados en ideas de base tecnolóxica.
Destinatarios: estudantes, licenciados/as ou investigadores/as.
Obxecto do concurso: impulsar a creación de empresas innovadoras, así como a innovación empresarial e a xeración de emprego.
Paralelamente, a oficina mantén colaboración con outras entidades e organismos do ecosistema emprendedor: EOI, Fundación Bankinter, Galicia Open Future de Telefónica, RedEmprendia.
Empresas de base tecnolóxica - spin off
Spin-off creadas no Campus Terra por tipo de actividade:
Nome da empresa | Ano | Actividade |
---|---|---|
2002 | Գñí, formación e divulgación medioambiental | |
2005 | Novas tecnoloxías da información e comunicación | |
2006 | Elaboración de produtos lácteos | |
2007 | Detección de toxinas mariñas | |
2008 | Laboratorio de ensaios químicos e físicos | |
2008 | Solucións agroalimentarias | |
2012 | Servizos de xenética ás empresas acuícolas | |
2013 | Desenvolvemento de software e metodoloxías para toma de decisións | |
2015 | Análise sensorial de alimentos | |
2016 | Xestión de proxectos agroforestais e medioambientais | |
2020 | Estudo da integración de biomateriais nos tecidos vivos |