XuvenCiencia pescuda sobre a alimentación ecolóxica en Galicia

O proxecto ‘Somos o que comemos?’, un dos obradoiros incluÃdos na programación do campus de verán XuvenCiencia en Rede que está coordinado polas investigadores do Campus de Lugo da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê Ruth RodrÃguez Bermúdez e Marta López Alonso, vén de lanzar unha enquisa para coñecer as opinións da poboación galega sobre a alimentación ecolóxica e os lugares de onde procede logo dos efectos derivados da pandemia provocada pola COVID-19.
Esta iniciativa, que se desenvolverá a través da participación do alumnado de secundaria e das monitoras cientÃficas enroladas no campus XuvenCiencia en Rede, busca compilar datos e impresións de cidadáns e cidadás que permita determinar de xeito preciso a percepción que existe entre a poboación de Galicia sobre a alimentación ecolóxica e de proximidade e o medio rural no que se producen estes alimentos. Daquela, co obxecto de acadar unha mostra o máis ampla que sexa posible, a fin de optimizar o seu grao de representatividade, os promotores desta consulta animan a toda a poboación galega a responder de xeito anónimo a enquisa á que poden acceder na web de XuvenCiencia e cuxos datos servirán logo para a elaboración de artigos e estudos cientÃficos da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê.
A pretensión última das investigadoras da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê implicadas no proxecto ‘Somos o que comemos?’ pasa por recabar datos sobre a aceptación dos cultivos alimentarios que se obteñen en Galicia a partir de técnicas respectuosas co medio ambiente, as denominacións de orixe e as razas de ganderÃa autóctonas. O coñecemento da posible incidencia e dos supostos efectos da situación actual de pandemia global e crise sociosanitaria na idea das galegas e dos galegos sobre a importancia do medio rural do paÃs no abastecemento de alimentos de calidade e cunha menor pegada ecolóxica constitúe outra das premisas desta enquisa.