A ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, sentinela da seguridade alimentaria en Europa
A ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê figura entre as sentinelas encargadas de velar pola seguridade alimentaria en Europa, un cometido ao que a institución académica compostelá contribúe de xeito xenérico coas súas achegas cientÃficas, estudos e investigacións desenvolvidas neste eido, pero no que tamén ten unha participación directiva a través de Marta López Alonso, profesora do Departamento de PatoloxÃa Animal na Facultade de Veterinaria do Campus Terra.
López Alonso, que mantén abertas diversas liñas de colaboración coa Axencia Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) desde hai xa máis dunha década, vén de ser reelixida para continuar durante os próximos anos como integrante do panel de expertos da EFSA encargado de prestar asesoramento cientÃfico sobre a seguridade, riscos e tamén da eficacia dos aditivos e produtos ou substancias utilizadas na alimentación animal.
O panel FEEDAP, do que forma parte a profesora López Alonso, está formado por 17 cientÃficos de gran recoñecemento a nivel europeo, que son expertos en nutrición e produción animal, toxicoloxÃa, farmacocinética, microbioloxÃa ou avaliación de risco ambiental. A función deste grupo de traballo no marco da EFSA é ampla, xa que as súas encomendas ao respecto da seguridade alimentaria abranguen desde avaliar a seguridade e eficacia dos aditivos e produtos ou sustancias dos alimentos para a especie animal á que están destinados, para os usuarios que manexan este tipo de produtos, para o consumidor final de produtos de orixe animal e tamén para o medio ambiente.
A análise e avaliación da eficacia dos produtos biolóxicos e quÃmicos, asà como doutras substancias empregadas en alimentación animal, constitúe tamén outra das tarefas deste panel europeo internacional de control e asesoramento cientÃfico que traballa como unha fonte de asesoramento e comunicación cientÃfica dos riscos asociados a cadea alimentaria.
A inclusión de Marta López Alonso neste grupo de traballo da EFSA vén avalado pola súa traxectoria como docente e investigadora deste eido, que acredita competencias e coñecementos para detectar a acumulación de elementos contaminantes nos animais, asà como analizar o metabolismo mineral.
A investigadora da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê forma parte desde 2013 deste organismo da EFSA, unha axencia europea que opera con independencia ás institucións lexislativas e executivos da UE, asà como á marxe dos paÃses membros, co obxectivo de garantir a seguridade alimentaria.