Un traballo de investigadores de Farmacia, mellor artigo de 2020 do European Journal of Pharmaceutics and Biopharmaceutics

Un artigo do Grupo Interdisciplinar en TecnoloxÃa farmacéutica, inmunobioloxÃa parasitaria e parasitose hÃdricas acaba de ser recoñecido polo European Journal of Pharmaceutics and Biopharmaceutics como o mellor de todos os publicados durante o pasado ano 2020. O traballo, titulado ‘PET study of ocular and blood pharmacokinetics of intravitreal bevacizumab and aflibercept in rats’, foi seleccionado por todos os membros do consello editorial da publicación. Na súa redacción, ademais do grupo da Facultade de Farmacia, están implicados investigadores da Unidade de imaxe molecular e do grupo de FarmacoloxÃa ClÃnica do IDIS.
O traballo publicado forma parte do proxecto Retos do Ministerio de Ciencia e Innovación cuxo obxectivo é deseñar sistemas para a liberación prolongada de anticorpos e outras moléculas activas no interior do ollo. Como explica o profesor Francisco Otero Espinar, co autor do traballo, concretamente o artigo pon a punto unha técnica de tomografÃa por emisión de positróns (PET – Positron Emission Tomography) como un instrumento non invasivo para a análise farmacocinéticos de anticorpos monoclonais administrados mediante inxeccións intravÃtreas en modelos animais. O estudo concluÃu o desenvolvemento de técnicas de marcaxe de anticorpos con radiofármacos e a caracterización dos procesos de distribución e eliminación dos anticorpos marcados a través de diferentes órganos e tecidos. Os coñecementos adquiridos poderÃan chegar a reducir o número de inxeccións que serÃan precisas para a administración dos tratamentos.
Esta liña de investigación entronca coa incidencia das enfermidades oculares dexenerativas, considerado un problema de saúde mundial de primeira magnitude e que o avellentamento da poboación conducirá a un aumento destacado da súa prevalencia. Entre estas enfermidades, atópanse a Dexeneración Macular Asociada á Idade (DMAE), a RetinopatÃa Diabética (RD) asà como algunhas sÃndromes asociadas á perda progresiva de visión. Todas elas comparten a dificultade do seu tratamento. Como explica Francisco Otero, a súa efectividade asóciase co estado no que se atope a enfermidade no momento de inicio do tratamento, asà como do tipo de técnica empregada. Os tratamentos máis prometedores baséanse no uso de terapias biolóxicas, sobre todo mediante o emprego de anticorpos monoclonais especÃficos, que se adminsitrarÃan mediantes inxección intravÃrtreas que deben repetirse durante un perÃodo de tempo cunha frecuencia variable en función do estado da enfermidade, engade Otero Espinar.
O European Journal of Pharmaceutics and Biopharmaceutics é a publicación oficial da International Association for Pharmaceutical Technology e atópase entre as máis destacadas da súa área.