O Nobel de QuÃmica en 2006, Roger Kornberg, terceiro convidado do Programa ConCiencia
O Premio Nobel de QuÃmica en 2006, o estadounidense Roger Kornberg, achégase estes dÃas a Santiago de Compostela para participar no Programa ConCiencia que, organizado pola ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e o Consorcio de Santiago, chega este ano á súa cuarta edición convertido nunha das accións de divulgación cientÃfica de máis impacto social de Galicia.
Kornberg acadou o Nobel polos seus traballos sobre un dos elementos clave da vida como é a transcrición dos xenes, seguindo os pasos do seu pai, Arthur Kornberg, quen hai 50 anos compartira o Nobel de Medicina con Severo Ochoa.
O profesor da Universidade de Stanford reunirase este venres 12, ás 12:30 horas no Centro de Estudos Avanzados, con investigadores da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê. Xa o luns 15 ofrecerá a conferencia ‘Ciencia básica, a esperanza do progreso’ ás 20:00 horas no Teatro Principal da cidade.