MarÃa José López Couso, reelixida decana de FiloloxÃa

A profesora de FiloloxÃa Inglesa no Departamento de FiloloxÃa Inglesa e Alemá MarÃa José López Couso renovou o venres o seu cargo de decana da Facultade logo dunha votación na que obtivo 126 votos a favor e 11 brancos.
A López Couso acompañarana no equipo para os vindeiros catro anos Javier Gutiérrez Carou (FiloloxÃa Italiana), Elisa Fernández Rei (FiloloxÃa Galega) e MarÃa do Cebreiro Rábade Villar (TeorÃa da Literatura e Literatura Comparada) á fronte dos vicedecanatos e VÃctor Longa MartÃnez (LingüÃstica Xeral) como secretario. Como retos para o novo mandato destacan o seguimento, viabilidade e acreditación dos 5 graos e 6 mestrados e mellorar as polÃticas de incorporación do estudantado que chega á Facultade por medio de distintos programas de mobilidade e de captación e que supón arredor dun 30% do total que recibe a ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê.
A mellora de recursos de apoio á docencia e á investigación, a ampliación dos vÃnculos da Facultade coa súa contorna e facer máis visible á sociedade a actividade docente e investigadora e mesmo a de extensión cultural son outros dos propósitos que se marca o equipo de goberno de FiloloxÃa.
López Couso
MarÃa José López Couso, profesora titular acreditada para ao acceso ao corpo de catedráticos, levou a cabo nos últimos anos levou docentes e de investigación nas universidades de Edimburgo, Friburgo, Glasgow, Helsinki, Jaén, Málaga, Manchester, Múnich, Murcia, Vigo e University College London (Survey of English Usage).
Forma parte do grupo de investigación Variation, Linguistic Change and Grammaticalization que dirixe a profesora Teresa Fanego e no que dirixiu varias teses de doutoramento e leva a cabo labores de compilación e desenvolvemento de corpus lingüÃsticos computarizados . A súa investigación está enmarcada nas áreas da variación e o cambio lingüÃstico na lingua inglesa, en particular en procesos de gramaticalización, construcionalización e (inter)subxectivización en ámbitos como as estruturas parentéticas, os marcadores pragmáticos, as construcións existenciais e a complementación clausal.
Ten publicado un bo número de artigos en revistas indexadas no JCR como Language Sciences, Corpus Linguistics and Linguistic Theory, Journal of Historical Pragmatics, Folia Linguistica, English Language and Linguistics, Journal of English Linguistics ou Folia Linguistica Historica. É tamén autora de numerosos capÃtulos de libro en editoriais internacionais de recoñecido prestixio, como Mouton de Gruyter, Cambridge University Press, John Benjamins e Oxford University Press, asà como co-editora dos seguintes volumes: English historical syntax and morphology (2002), Rethinking grammaticalization: New perspectives (2008), Theoretical and empirical issues in grammaticalization (2008), Information structure and syntactic change in the history of English (2012) e Corpus linguistics on the move: Exploring and understanding English through corpora (2016).
Ademais de formar parte dende o ano 2009 do Comité Executivo de ICAME (International Computer Archive of Modern and Medieval English), ocupou cargos de responsabilidade noutras asociacións, como as Españolas de Estudios Anglo-Norteamericanos, de LingüÃstica Aplicada ou a de LingüÃstica de Corpus.