O dicionario médico básico para nenas e nenos 'Diximed' xa ten versión galega

Un grupo de investigación da Universidade Pompeu Fabra dirixido pola profesora Rosa Estopà elaborou en 2019 o Primeiro dicionario de medicina ilustrado, un dicionario médico dirixido a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos que explica os conceptos básicos relacionados coa saúde infantil cunha linguaxe adaptada ao seu nivel de comprensión.
Posteriormente esta obra pasou a un soporte virtual conformando o proxecto , dispoñible en catalán e castelán. Para ir completando a oferta de idiomas e asà facilitar que todos os nenos e nenas accedan en igualdade de condicións a este dicionario, a profesora Rosa Estopà propúxolle ao Servizo de Normalización LingüÃstica da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê a elaboración dunha versión galega.
Deste xeito, o servizo universitario encargouse da tradución dos textos mentres que o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP López Ferreiro, de Santiago de Compostela, foi o responsable de ler e gravar as propias definicións, que ademais de lidas poden ser escoitadas.
Esta versión galega do Diximed presentouse na Aula Castelao da Facultade de Medicina nun acto que presidiu a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, e no que participou o alumnado compostelán implicado, que tivo a oportunidade de compartir a súa experiencia no proxecto coa súa responsable, a profesora Rosa Estopà , e con Xusto RodrÃguez, do SNL da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê.
Diximed
O dicionario contén 200 nomes que serven para falar de saúde presentados por orde alfabética e 148 explicacións cos seus debuxos correspondentes realizados por unha man infantil, o que o fai aÃnda máis atractivo para as persoas que o consultan. Hai tamén unhas 30 palabras que son sinónimas doutras e 33 verbos que teñen un significado especÃfico en medicina (desinfectar, curar, inxectar, receitar, sangrar...) presentados en frases creadas por alumnado e un atlas de 10 debuxos sobre o corpo humano que ten indicados 130 termos. En total, o dicionario inclúe 363 palabras para empregar ao falar de medicina, e agora tamén en galego.