ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê

Ir o contido principal
  • ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê Vida
  • Artigo

O debate sobre o mundo do traballo prende unha nova Faísca Cultural

Imaxe da Faísca Cultural
Imaxe da Faísca Cultural
Desenvolverase en Psicoloxía, Ciencias Económicas, Xeografía e Historia, Dereito, Relacións laborais e Ciencias Políticas

Esta semana prende unha nova Faísca no campus de Santiago, enmarcada na programación da Primavera Cultural da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, que vai xirar en torno ao mundo do traballo. O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión nas aulas da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural.

A Faísca ‘Moito pau e pouca cenoria’ que dá comezo este mércores 12 en Psicoloxía vai xirar, nunha ocasión máis, arredor dunha produción do Centro Dramático Galego, nesta ocasión A burra, a mesa e o pau. Esta proposta escénica achégase ao mundo do traballo, á violencia do traballo e ao traballo que invade o ámbito dos fogares. Con este argumento central, diferentes centros da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê conformaron as súas faíscas desde as particulares ópticas dos seus ámbitos de coñecemento.

Así, desde Psicoloxía, proponse unha reflexión crítica sobre a precariedade laboral e a saúde mental; desde Ciencias Económicas e Empresariais suscitarase un debate sobre as conexións entre a teoría económica e os desafíos sociais e laborais do noso tempo, e Xeografía e Historia fará a súa achega a través da realidade do traballo a domicilio na historia contemporánea de Galicia.

Pola súa banda, a Facultade de Dereito abordará a relevancia xurídica de condutas como a subordinación ás ordes empresariais ou a propiedade dos medios de produción; Relacións laborais analizará o papel do terceiro sector na defensa dos dereitos laborais, e, por último, Ciencias Políticas e Sociais sopesará o equilibrio entre as decisións privadas e a elección pública.

As actividades están abertas a toda a comunidade universitaria.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.03.2025.