A Conferencia Electrónica de QuÃmica de SÃntese Orgánica recibe 120 comunicacións cientÃficas na súa vixésima primeira edición

A vixésima primeira edición da Conferencia Electrónica de QuÃmica de SÃntese Orgánica (ECSOC-21), un congreso virtual promovido polo grupo de investigación Novas MetodoloxÃas Sintéticas (SWT) do Campus Terra da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, integrado polos profesores do Departamento de QuÃmica Orgánica da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê na Facultade de Ciencias Julio A. Seijas e Pilar Vázquez Tato, recibiu xa os resumos de 120 comunicacións cientÃficas de investigadores procedentes de 18 paÃses, uns estudos que serán obxecto de debate e análise nos distintos foros virtuais que se desenvolverán durante o mes de novembro.
O catedrático do Departamento de QuÃmica Orgánica da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e principal impulsor desta conferencia electrónica, pioneira entre as do seu xénero, ademais de presidente do comité cientÃfico do mesmo, Julio A. Seijas, subliñou a calidade das comunicacións que ano tras ano se presentan a debate e que logo permanecen accesibles en repositorios de referencia internacional. Asemade, logo de remarcar que a valÃa das achegas cientÃficas tamén está acreditada polo labor que desenvolven os membros do comité cientÃfico internacional, formado por expertos de 21 paÃses, Seijas remarcou que o esquema de desenvolvemento da ECSOC, o congreso virtual que conta cunha traxectoria temporal máis ampla, representa a arquitectura formal do que deberÃan ser os congresos cientÃficos do século XXI.
Do mesmo xeito que nos últimos tres lustros, desde a sexta edición celebrada en 2002, a ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê participa na organización da Conferencia Electrónica de QuÃmica de SÃntese Orgánica con MDPI (Basel, Suiza). Nesta ocasión, os promotores da ECSOC-21 contan co respaldo da VicerreitorÃa de Coordinación de Lugo, Campus Terra, AMSLab, RSEQ, REGALIS (Rede Galega de LÃquidos Iónicos), SES (Universidade De Perugia) e da Deputación da Coruña. A dispoñibilidade destes patrocinadores posibilitan que a inscrición e participación neste congreso en liña sexan gratuÃtas para os investigadores.
As distintas sesións de debate e análise programados no marco desta conferencia internacional desenvolveranse de xeito virtual a través do espazo web do congreso a partir do dÃa 1 e durante todo o mes de novembro. Durante estes 30 dÃas, os quÃmicos e investigadores de paÃses de todo o mundo interesados na temática que aborda a ECSOC 21, teñen unha boa oportunidade para intercambiar e compartir traballos sobre macromoléculas, polÃmeros, lÃquidos iónicos, quÃmica computacional, sÃntese iónica por microondas...