A Cátedra de HidroloxÃa Médica ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê-Balnearios de Galicia bota a andar
A ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê sumouse hai cinco anos ás universidades Complutense e de Sevilla, primeiras de España que incorporaron aos plans de estudo das súas Facultades de Medicina docencia sobre hidroloxÃa médica, entendéndoa como a especialidade médica que estuda as accións das augas sobre o organismos e a súa aplicación con fins terapéuticos. Agora, a institución docente compostelá dá un paso máis coa creación da Cátedra de HidroloxÃa Médica ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê-Balnearios de Galicia, presentada este venres en rolda de prensa.
Na presentación, compareceron o vicerreitor de PolÃtica Internacional, AgustÃn Merino; o director da Cátedra, Juan Gestal Otero; e o presidente da Asociación de Balnearios de Galicia, Rafael Luaña; xunto aos que tamén estiveron o decano da Facultade de Medicina, José M. Fraga, e o co-director da cátedra, Luis RodrÃguez MÃguez.
A Cátedra iniciará o vindeiro luns, dÃa 1 de marzo, a súa actividade académica cun acto no que o profesor Luis RodrÃguez MÃguez pronunciará a lección inaugural sobre ‘O termalismo en Galicia de cara ao século XXI’. Será a partir das 19:00 horas na Aula Castelao da Facultade de Medicina. Esta xornada coincide ademais co inicio das clases de ‘HidroloxÃa Médica’, materia de libre configuración xa asentada na oferta docente da Facultade de Medicina que contará este ano con 116 estudantes.
Actividades para 2010Fomentar a docencia, investigación e difusión dos coñecementos no campo da HidroloxÃa Médica é a finalidade desta cátedra institucional que a ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e a Asociación Galega da Propiedade Balnearia promoven en virtude dun convenio asinado a finais do pasado ano. A Cátedra de HidroloxÃa Médica ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê-Balnearios de Galicia, con sede na Facultade de Medicina e o respaldo da SecretarÃa Xeral de Turismo, encargarase da organización de cursos, seminarios ou conferencias; a promoción da investigación neste eido; asà de favorecer a difusión e o coñecemento de todo o relacionado coas aplicacións da hidroloxÃa no eido da medicina.
Partindo destes obxectivos, a Cátedra vai desenvolver xa en 2010 numerosas actividades que abranguen a actividade docente de grao, posgrao e formación continua, actividade investigadora e o fomento de vocacións profesionais en HidroloxÃa Médica. Deste xeito, dentro da licenciatura de Medicina impartirase a materia de libre elección ‘HidroloxÃa Médica’, cun programa de estudos xa adaptado a Bolonia. Ademais está prevista a elaboración dunha monografÃa cos materiais docentes que sirva como guÃa aos estudantes.
No eido do posgrao, a Cátedra organizará en colaboración cos colexios oficiais de médicos de Galicia nas súas sedes provinciais e comarcais unhas sesións especÃficas dirixidas aos médicos de atención temperá. Ademais e coa finalidade de fomentar a investigación, están previstas dúas sesións monográficas organizadas por Manuel Freire Garabal que levan por lema ‘Hidroterapia, dende o empirismo á evidencia cientÃfica’. Nelas profundarase na hidroterapia como coadxuvante do cancro e na cura termal na patoloxÃa dermatolóxica.
Na liña de favorecer o fomento deste campo de estudo entre os estudantes de Medicina, estase a traballar con Balnearios de Galicia na creación e financiamento dunhas bolsas dirixidas a alumnos de 4º e 5º curso para a realización de estadÃas nun balneario de dous a tres meses no perÃodo estival, participando activamente nas actividades que se organizan nestes centros.