A agrupación estratéxica BioReDes da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê avanza no deseño do seu plan de actuación desde o Campus Terra para 2019

A agrupación estratéxica Biorrecursos: Desenvolvemento e Produción Sostible (BioReDes) do Campus Terra da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê avanza xa no deseño do seu plan de acción a desenvolver desde a sede universitaria luguesa para o próximo ano, segundo adiantou estes xoves o catedrático do Departamento de Xenética da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e director desta agrupación cientÃfica.
Paulino MartÃnez realizou estas declaracións antes do comezo da primeira xuntanza de traballo organizada por BioReDes para favorecer coñecemento de cada un dos grupos de investigación consorciados, asà como as súas potencialidades e principais liñas de investigación de cada equipo. Este primeiro encontro de traballo celebrado na Facultade de Veterinaria e no que participaron investigadores de catro dos grupos da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê con sede no campus lugués, terá continuidade nas sesións programadas para os dÃas 22 de novembro e 13 de novembro.
As novas xuntanzas de traballo promovidas por BioReDes e nas que participarán representantes dos outros dez grupos de investigación desta agrupación cientÃfica, seguirán un esquema semellante ao da reunión celebrada este xoves. MartÃnez explicou neste senso que o obxecto destas xornadas e favorecer que cada un dos grupos de investigación faga unha exposición das súas liñas de traballo, asà como das súas pretensións cientÃficas ou proxectos de investigación. Estas sesións, que tamén inclúen un relatorio breve dun tema cientÃfico de carácter transversal, como o ofrecido este venres polo profesor e investigador do Departamento de Botánica da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê na EPS de EnxeñarÃa Ignacio GarcÃa González, que fixo un achegamento á realidade do cambio climático a partir dos datos que posibilita a dendocronoloxÃa.
O director da agrupación cientÃfica estratéxica BioReDes do Campus Terra da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, unha estrutura de investigación que vén de ser aprobada pola Xunta de Galicia e que conta cun financiamento de máis de 400.000 euros, comentou asemade que unha vez rematadas estas sesións previas, a directiva de BioRedes presentará a mediados de decembro a súa proposta de plan de acción para 2019.
Grupos de investigación de referencia competitiva
A agrupación BioReDes , constituÃda nesta fase inicial por 16 grupos de investigación de referencia competitiva e de potencial crecemento vinculados á e á , ademais de contar co apoio explÃcito do Instituto de Acuicultura da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, agroma na actualidade unha importante masa crÃtica formada por máis dun centenar de investigadores estables, 42 en etapa de formación e outras 43 persoas con contratos de apoio técnico con cargo a actividades de I+D+i.
A produción cientÃfica da agrupación estratéxica de investigación do Campus Terra da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê é outro dos indicadores que proban o seu potencial e dan mostra da capacidade dos investigadores que a integran, un colectivo cientÃfico que no quinquenio 2010-2015 publicou máis de 500 artigos en revistas do primeiro cuartil (Q1). Cómpre salientar tamén os ingresos captados por este colectivo investigador por actividades de I+D+i no trienio 2014-2016, perÃodo no que os grupos agora concentrados en BioReDes acadaron 11,6 millóns de euros de financiamento. Desta contÃa, un 32% corresponde a contratos con empresas, mentres que outro 13% dos ingresos procede de financiamento de proxectos internacionais.
ConstituÃda como unha unidade tractora da estratexia de I+D do Campus Terra da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e base para avanzar na construción dun campus de referencia no seu ámbito de especialización, a agrupación BioReDes antóllase como unha ferramenta integrada nos contextos nacional e internacional da investigación acaÃda para vertebrar unha estratexia de I+D para o sector primario de Galicia.