Adrián González Suárez e LÃa Pereira Lappin acadan os números 1 e 5 do PIR 2021

O alumno da Facultade de PsicoloxÃa da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê Adrián González Suárez obtivo a primeira posición nas correspondentes á súa especialidade e que acaba de dar a coñecer o Ministerio de Sanidade. Alén da boa posición obtida na categorÃa de Psicólogo Interno Residente (PIR), no que a alumna LÃa Pereira Lappin acadou tamén a quinta posición, tres alumnas da Facultade de Farmacia, asà como dous da Facultade de Medicina, lograron situarse entre os dez primeiros das súas respectivas especialidades, o FIR e o MIR.
MarÃa Puente Iglesias (posto número 6), MarÃa AlfonsÃn Lara (número 8) e Andrea Luaces RodrÃguez (número 9) foron as tres alumnas máis destacadas no FIR 2021 (Farmacéutico Interno Residente). Asemade, JoaquÃn Vila GarcÃa logrou situarse no posto número 2 do MIR (Médico Interno Residente), mentres que Miguel RodrÃguez Iglesias obtivo a posición número 9.
Malia que os resultados son aÃnda provisionais logo de abrirse un perÃodo de reclamacións que está pendente de resolverse, Manuel Lorenzo Diéguez da Facultade de Medicina situouse no posto 19 do MIR, mentres que Tristán Gabriel Sobral Costas logrou a posición número 20.