AbrÃu o prazo dos cursos de verán de catalán, francés, inglés e turco

O Centro de Linguas Modernas da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê abre o 1 de xuño o prazo de matrÃcula para a súa . Nesta ocasión, ofrécense cursos de iniciación a catalán e francés, de nivel intermedio de inglés e francés e un último en modalidade virtual de iniciación ao turco.
Todas estas actividades están dirixidas ao alumnado da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê como servizo de apoio complementario á educación superior pero tamén ao resto da comunidade universitaria e a calquera persoa interesada maior de 18 anos que non pertenza á ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê.
En concreto, o curso de catalán impartirase en horario de mañá do 25 de xuño ao 5 de xullo, cun total de 40 horas. O resto dos cursos serán de 25 horas. O inicial de francés desenvolverase do 17 ao 28 de xuño, o intermedio dese idioma do 8 ao 19 de xullo e o intermedio de inglés entre o 9 e o 22 de xullo.
Curso de turco
O curso de Turco, a desenvolver entre o 17 de xuño e o 12 de xullo, será destinado preferentemente ao alumnado con estadÃas académicas adxudicadas nas universidades turcas ao longo do curso 2024-25, pero preténdese que este idioma forme parte da oferta da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê no vindeiro ano académico, ao abeiro dun convenio asinado hai uns meses coa embaixada de TurquÃa. AsÃ, terán lugar cursos semestrais ou seminarios intensivos de lingua turca para o público universitario e xeral, que poderán ser impartidos de modo presencial ou en liña.
MatrÃcula e test de nivel
As persoas interesadas nas actividades de nivel inicial poderán matricularse directamente dende a páxina web do CLM, pero hai que ter en conta que para os cursos de francés e inglés de nivel intermedio é preciso realizar un test de nivel gratuÃto, presencial ou en liña, para o cal haberá que inscribirse previamente. O test de francés terá lugar o 28 de xuño e o de inglés o 1 de xullo.
Para o estudantado da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê todos os cursos terán un custe de 52,50 euros agás o de catalán, que será de balde para estudantes de mobilidade a universidades catalás grazas a unha subvención do Institut Ramón Llull. Os de francés, inglés e turco teñen unha tarifa de 65 euros para a comunidade da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e de 100 para o resto, mentres que o de catalán ten un custe de 104 e 160 euros, respectivamente.