
O Consello de Goberno reunirase o martes 29 a partir das 9.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome para tratar numerosos asuntos en materia de persoal, normativa ou planificación académica, entre outros.
No tocante ao PDI, someterase a aprobación unha proposta de modificación da Planificación de 2024, a proposta de resolución da convocatoria de licenzas por ano sabático do vindeiro curso, solicitudes de prórrogas de comisións de servizos, a Oferta de Emprego Público de PDI para o ano 2025 ou a proposta ao Consello Social de asignación de complementos retributivos autonómicos. Tratarase ademais a asignación a áreas de coñecemento e especialidades de prazas vinculadas e de PACS, reposición de prazas vacantes de PACS e prórrogas de contratos de profesorado asociado e PACS. Con relación ao PTXAS, debateranse a modificación da RPT de PTXAS funcionario e laboral.
En materia de planificación e normativa académica, tratarase a modificación do Regulamento de Planificación Académica e de memorias de dobres graos, a tramitación da modificación non substancial do Programa de Doutoramento en Turismo (coordinado pola Universidad de Málaga), a modificación da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións e a modificación do acordo do Consello de Goberno de 27 de maio de 2010 polo que se establecen os criterios de admisión nos estudos de grao por cambio de universidade ou de estudos universitarios, modificado por acordo do 10 de xuño de 2024.
Os Regulamentos de Réxime Interno do Instituto de ±õ²Ô±¹±ð²õ³Ù¾±²µ²¹³¦¾±Ã³²Ôs LingüÃsticas e Literarias (ILTIUS) e da Facultade de Ciencias da Educación asà como a aprobación da creación e do Regulamento de funcionamento do Comité de Bioseguridade da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê serán outros asuntos a tratar na sesión, na que tamén se someterá a aprobación a modificación do Regulamento de indemnizacións por razón do servizo da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, a actualización do estado do Plan de Infraestruturas para o bienio 2025-2026 e o mantemento da vixencia do III Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê
A orde do dÃa contempla ademais outros asuntos como a aprobación de regulamentos de traballos de fin de estudos, cursos de estudos propios, memorias de estudos propios, asuntos económicos e convenios.