Enmarcada no Programa Conciencia, leva por tÃtulo ‘A revolución cuántica en metroloxÃa’

O fÃsico Klaus von Klitzing, Premio Nobel de FÃsica en 1985, estará en Compostela o 12 de setembro convidado polo programa ConCiencia que dirixe o catedrático da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, Jorge Mira. Ese dÃa, ás 19.30 horas no Salón Nobre de Fonseca, o actual director do Instituto Max Planck para a investigación en estado sólido, con sede en Stuttgart, pronunciará a conferencia ‘A revolución cuántica en metroloxÃa’ aberta a toda a cidadanÃa.
Klaus von Klitzing (Schroda, Polonia, 1943) licenciouse en FÃsica na Universidade de Braunschweig e doutorouse na de Würzburg. Na súa etapa posdoutoral realizou perÃodos de investigación no Clarendon Laboratory de Oxford (Reino Unido) e no laboratorio de altos campos magnéticos do Instituto Max Planck, no complexo cientÃfico de Grenoble (Francia). Foi precisamente neste instituto onde tan só con 37 anos realizou o descubrimento do efecto Hall cuántico que o levou a conseguir o Premio Nobel tan só 5 anos despois, o que dá unha idea da conmoción creada pola súa contribución.
Efecto Hall cuántico
O seu traballo sustentouse sobre os adiantos que a fÃsica conseguiu na creación de sistemas de transporte eléctrico que se comportan como se existisen só en dúas dimensións no noso mundo tridimensional. Esa posibilidade fora albiscada teoricamente por J. R. Schrieffer en 1957 (Nobel de FÃsica en 1972) e comezouse a conseguir na práctica a principios da década de 1970, na superficie que separa un material metálico dun semicondutor, abrindo as portas a un mundo inexplorado.
Cando unha corrente flúe nunha dirección por un material condutor tridimensional, ao aplicarlle perpendicularmente un campo magnético, os electróns son desviados fóra desa dirección, no coñecido como efecto Hall descuberto en 1879. A desviación aumenta de xeito continuo e proporcional coa intensidade do campo magnético aplicado; pero a mediados da década de 1970 empezouse a sospeitar que iso non serÃa asà en dúas dimensións.
Nese contexto, von Klitzing deseñou en 1978 un experimento que amosaba que algo estraño ocorrÃa; pero mantivo o segredo ata 1980, cando conseguiu confirmar a existencia do chamado ‘efecto Hall cuántico’: a desviación dos electróns xa non é continua co aumento do campo magnético, senón que se detén para certos intervalos de campo magnético, cunha evolución a saltos.
ConCiencia
Dende o ano 2002, máis dunha trintena de premios Nobel aterraron na ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê grazas ao programa ConCiencia que a institución compostelá desenvolve de xeito conxunto co Consorcio de Santiago. Este programa de divulgación cientÃfica procura non só a proxección da cidade de Compostela como foco universal do pensamento, senón que tamén serve de ponte para o reforzamento de contactos cientÃficos entre lÃderes da máxima relevancia cientÃfica mundial e o corpo de investigadores e investigadoras da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê.