Actuación do Grupo Chévere 'As Fillas Bravas de Momán' promovida pola Comisión de Igualdade da Facultade de FiloloxÃa

O mércores 8 de marzo ás 13.00 horas, o Salón de Actos da Facultade de FiloloxÃa acollerá a representación de As Fillas Bravas de Momán, unha peza teatral de Chévere Teatro con Patricia de Lorenzo, Mónica GarcÃa e Arantza Villar. Esta función, promovida pola Comisión de Igualdade do centro, enmárcase no programa de actividades que a ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê desenvolve en conmemoración do DÃa Internacional das Mulleres.
As Fillas Bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.
Con esta peza, Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero, e dá continuidade a traballos que cuestionaron a rixidez dos xéneros (Testosterona), que reivindicaron as voces silenciadas dunha forza de traballo feminina que segue levantando imperios económicos na era da globalización (Citizen), que promoveron unha lectura crÃtica dos valores machistas que transmiten as cancións románticas (I’ll be watching you).
Nesa liña de traballo, As Fillas Bravas veñen para reafirmar modelos apoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldÃa insospeitados.
As Fillas Bravas é tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflexados nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que se fixo un traballo de procura, escolma e adaptación de textos de transmisión oral publicados desde a segunda metade do século XIX. As músicas usadas no espectáculo están inspiradas en cantos tradicionais, como 'Pandeiretada' gravada no primeiro disco de Radio Cos e 'Danza de Cerdeira' gravada no primeiro disco de LeilÃa.
A asistencia ao espectáculo é de balde ata completar a capacidade da sala.
