Ademais da Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación (RIAIDT), como investigador/a da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê poderás acceder a todo un conxunto de infraestruturas e servizos cientÃfico-técnicos ofrecidos por centros de investigación e universidades. A continuación, te ofrecemos unha breve relación dos máis destacados.
Varios ofrecen servizos cientÃfico-técnicos a membros de organismos públicos e privados de investigación, moitos deles relacionados con bioloxÃa agrÃcola ou mariña, pero tamén no ámbito da supercomputación ou a cuántica.
O listado de recursos inclúe tamén servizos das universidades da Coruña e Vigo que están abertos a toda a comunidade investigadora.
A , centro do CSIC con sedes en Salcedo (Pontevedra) e Santiago de Compostela, ofrece servizos como análise de calidade en plantas, bioloxÃa molecular, campos de cultivo experimentais e invernadeiros, banco de xermoplasma e biblioteca especializada.
O do CSIC, con sede en Vigo (Pontevedra), conta cunha Unidade de Apoio CientÃfico-Técnico (UACT) que ofrece servizos como análise de acidificación oceánica, análise de gases de efecto invernadeiro en augas naturais, citometrÃa de fluxo, cromatografÃa e ómica avanzada, identificación e secuenciación de especies, microscopÃa e análise de imaxes, ou xenómica e análises bioinformáticos, entre outros.
A (UTM) do CSIC, tamén con sede en Vigo, proporciona servizos de apoio á investigación oceanográfica, como vehÃculos submarinos autónomos, a bordo dos buques e plataformas que xestiona. En concreto, o CSIC dispón do buque oceanográfico Mytilus, con base no porto de Vigo, para a realización de estudos de bioloxÃa e xeologÃa mariña, e oceanografÃa fÃsica. A UTM-CSIC tamén dispón de varios OBS (Ocean Bottom Seismometer) e equipamento para a prospección sÃsmica no mar.
O (GESCA) forma parte da (ICTS) acreditadas polo Ministerio de Ciencia e Innovación. Xestionado por unha fundación constituÃda entre a Xunta de Galicia e o CSIC, o seu traballo céntrase na investigación e aplicación de computación e comunicacións de altas prestacións.
O CESGA dispón de infraestruturas de I+D+i avanzadas destinadas a incrementar a capacidade investigadora e tecnolóxica da comunidade cientÃfica e a industria. Con elas pode ofrecer servizos de computación, almacenaxe, comunicacións, acceso a catálogos de aplicacións e librerÃas, e equipos de apoio. Asemade, o CESGA está liderando a creación dun Polo de TecnoloxÃas Cuánticas, que permitirá o desenvolvemento en Galicia da investigación neste campo de vangarda. Para utilizar os servizos do CESGA é necesario darse de alta no Portal de Usuarios.
O é un dos nove centros que ten o (IEO) repartidos polo territorio nacional. O centro de Vigo é a entidade de referencia en España do (Pan-European Infraestructure for Ocean & Marine Data Management), unha infraestrutura distribuÃda de xestión de datos marÃtimos recollida por máis de 110 centros en 35 paÃses. Outros servizos que ofrece o IEO no seu centro de Vigo son o acceso ao Xeoportal da Infraestrutura de Datos Espaciais, á súa biblioteca especializada e ao seu repositorio Open Access de documentos sobre investigación oceanográfica.
Os (UDC) están abertos a toda a comunidade cientÃfica, tanto de organismos públicos como privados de investigación. Dispón de unidades de análises de augas, análises estruturais, bioloxÃa molecular, espectroscopia molecular, espectrometrÃa de plasma-masas, microscopÃa, técnicas cromatográficas, técnicas instrumentais de análises, e xeocronologÃa. Tamén ofrece actividades de formación e servizo de consultas.
Os servicios cientÃfico-técnicos da Universidade de Vigo e dos seus centros de investigación son de uso exclusivo para o persoal investigador de UVigo, excepto no caso del (CINTECX), que ofrece servizos cientÃfico-tecnolóxicos a toda a comunidade cientÃfica, tanto de organismos públicos como privados. Entre estes servizos hai varios en réxime de autoservizo (Equipo de análise hiperespectral (sistema de visión combinado con espectroscopia); Escáneres 3D, para a creación de modelos 3D de alta resolución; e Impresión 3D, por sintetizado láser) e outros que deseña a medida o equipo do centro: formación en tecnoloxÃas 4.0; prototipado e construción; modelado (modelos, optimización e predición); e desenvolvementos tecnolóxicos.