Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 15 Total: 48
Linguas de uso 䲹ٱá, Galego
Tipo: Materia Ordinaria áٱ RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, ѾDzDZdzí e Parasitoloxía
Á: Bioquímica e Bioloxía Molecular, ѾDzDZdzí
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Ѳٰíܱ: Matriculable | 1ro curso (Si)
Con esta materia pretendemos que os alumnos/as logren:
-Entender o concepto de resistoma e estudar a xenómica da resistencia aos antimicrobianos.
-Coñecer novas terapias alternativas ao uso de antimicrobianos.
Os contidos teóricos repártense en tres módulos de contidos (30 horas):
Módulo 1 (10h). Estudo e análise de mecanismos moleculares de resistencia antimicrobiana. Recoñecemento de grupos clonales e clons de alto risco bacterianos (trazabilidad de brotes, bases moleculares para a determinación do potencial zoonótico, etc.).
-Tema 1: Grupos de antimicrobianos e mecanismos de acción. Determinación do nivel de actividade antimicrobiana.
-Tema 2: Avances en vixilancia, prevención e detección de patóxenos. Identificación de grupos clonales e estudo do potencial zoonótico.
Módulo 2 (10h). Introdución á xenómica bacteriana (estrutura e organización dos xenomas bacterianos, análises de xenomas, resistoma, plasmidoma, manexo de bases de datos, etc.).
-Tema 3: Xenómica bacteriana e elementos xenéticos móbiles (secuencias de inserción, transposones, plásmidos, profagos, etc.).
-Tema 4: Mecanismos de sinalización celular e biopelículas.
Módulo 3 (10h). Estudo de alternativas innovadoras ao uso de antibióticos (probióticos, péptidos antimicrobianos, bacteriófagos, nanopartículas, desenvolvemento de vacinas, etc.). Aplicacións biosanitarias.
-Tema 5: Alternativas aos antibióticos para combater as infeccións causadas por superbacterias.
-Tema 6: Terapias innovadoras e aplicacións biosanitarias.
Prácticas (9h): levarán a cabo clases prácticas que se realizarán na aula de informática e no laboratorio onde traballaremos con distintas ferramentas aplicadas en investigación do resistoma e xenómica da resistencia antimicrobiana.
Seminarios (6h): levarán a cabo a presentación e discusión de artigos de investigación por grupos de traballo.
-1 e 2.- Traballaranse contidos relativos ao módulo 1.
-3 e 4.- Traballaranse contidos relativos ao módulo 2.
-5 e 6.- Traballaranse contidos relativos ao módulo 3.
Tutorías (9h):
Estarán dirixidas ao estudo de casos e resolución de problemas.
McNabb, S.J.N.; Shaikh, AT.; Haley, CJ. Modernizing Global Health Security to Prevent, Detect, and Respond. 1ª Ed. 2023. Academic Press (ISBN-13: 978-0323909457).
Murray, PR.; Rosenthal, KS; Pfaller, MA. Microbiología médica. 9ª Ed. 2021. Elsevier (ISBN: 9788491130888).
Snyder, LR.; Peters, JE.; Henkin, TM.; Champness, W. Molecular Genetics of Bacteria (4th Edition). 2020. ASM press (ISBN:978-1-55581-627-8).
Goering, RV; Dockrell, HM; Zuckerman, M.; Chiodini, PL. Mims Medical Microbiology and Immunology. 6ª Ed. 2018. Elsevier (ISBN: 9780702071546).
Real García, MD.; Rausell Segarra, C; Latorre Castillo, A. Técnicas de Ingeniería Genética. 1ª Ed. 2017. SINTESIS (ISBN 9788491710714).
Dale, JW.; Park, SF. Molecular Genetics of Bacteria, (5th Edition). 2010. Wiley- Blackwell (ISBN: 978-0-470-74184-9).
óԲ:
American Society for Microbiology,
Sociedad Española de Enfermedades Infecciosas y Microbiología Clínica
Sociedad Española de Microbiología
Sociedad Española de Quimioterapia
CDC
Center for Genomic Epidemiology (CGE).
European Society of Clinical Microbiology and Infectious Diseases,
National Center for Biotechnology Information (NCBI),
World Health Organization
Comp01 - Desenvolver a capacidade de organizar e planificar adecuadamente o traballo, partindo dunha síntese e análise que permitan tomar decisións TIPO: Competencias
Comp06 - Desenvolver a capacidade de aprender de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor TIPO: Competencias
Con07 - Coñecer o mapa de relacións entre moléculas que forman parte do interactoma e aprender a caracterizalas TIPO: Coñecementos ou contidos
Con02 - Adquirir coñecementos e habilidades no desenvolvemento do traballo científico en xenómica bacteriana e comprender a súa relación coa saúde humana, animal e vexetal para o avance do noso coñecemento orientado á saúde TIPO: Coñecementos ou Contidos
H/D02 - Aplicar métodos e tecnoloxías seguros para a aplicación dos novos desenvolvementos en xenómica para o estudo e análise de mecanismos moleculares de resistencia antimicrobiana TIPO: Habilidades ou destrezas.
A consecución da formación básica do alumno realizarase mediante docencia expositiva, docencia interactiva e a realización de traballos.
A docencia expositiva realizarase a través de clases maxistrais (30h), onde se explicarán os fundamentos teóricos da materia axudándose dos medios audiovisuais e doutro tipo que considere conveniente o profesor. Buscarase a participación activa do alumno, que será incentivado a intervir continuamente (debate).
A docencia interactiva realizarase mediante prácticas e seminarios nos que se exporán traballos en grupo.
As prácticas da materia (9h), de asistencia obrigatoria, servirán para a ilustración dos contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o estudante adquira habilidades e experiencias prácticas.
Os seminarios (6h), permitirán expor actividades en grupo que potenciarán a participación do alumnado desde un enfoque crítico e argumentativo. Ao mesmo tempo, a limitación en canto ao número de alumnos que asistan aos seminarios permitirá favorecer as intervencións a nivel individual desde diferentes perspectivas ou orientacións para os temas traballados, co cal, facilitarán a adquisición de habilidades moi útiles para a consecución de obxectivos fixados.
Finalmente, realizaranse tutorías para aclarar problemas particulares de cada alumno e facilitar o seguimento continuo da materia.
En todo momento usarase como apoio á docencia o Campus Virtual da ȤѶֲַ. O curso virtual permite aos alumnos matriculados na materia acceder a todos os contidos impartidos polo profesor, así como dispor de información relativa á materia, programas, horarios, seminarios, tutorías, etc.
O criterio de avaliación é competencial e disporase de ferramentas de retroalimentación para o alumnado. O alumnado DEBERÁ OPTAR por unha das seguintes opcións:
Opción 1: Avaliación continua
Realizarase un seguimento continuado ao longo do semestre da adquisición de coñecementos mediante a realización dunha ou varias probas durante os tres módulos de contidos da materia (preguntas tipo test ou similares). A suma das notas obtidas terá un peso dun 60% na cualificación (20% por módulo). Para APROBAR a materia é OBRIGATORIO superar este apartado de adquisición de coñecementos teóricos, débese alcanzar unha nota mínima dun 4,5 sobre 10 na suma das probas.
Competencias avaliadas: Con07, Con02.
Avaliación das prácticas (10% da cualificación final). Avaliarase valorando a actitude do traballo do alumnado e mediante a realización dun exame escrito ao final das prácticas.
Competencias avaliadas: Comp01, H/D02.
Avaliación dos seminarios (30% da cualificación final). Valorarase a presentación de traballos nos seminarios, a participación activa en clase e a intervención nos debates.
Competencias avaliadas: Comp06.
Opción 2: Avaliación mediante exame final
O exame final (60% da cualificación final) será de exame único, cuxa data de realización é asignada polo Centro e é coñecida antes do inicio do curso académico. Constará de dous partes: a primeira inclúe 30 preguntas tipo test e a segunda entre 3-6 preguntas curtas. O tempo de realización do exame será de 2 horas. Para APROBAR a materia é OBRIGATORIO superar este exame, débese alcanzar unha nota mínima dun 4,5 sobre 10.
Competencias avaliadas: Con07, Con02.
Avaliación das prácticas (10% da cualificación final). Avaliarase valorando a actitude do traballo do alumnado e mediante a realización dun exame escrito ao final das prácticas.
Competencias avaliadas: Comp01, H/D02.
Avaliación dos seminarios (30% da cualificación final). Valorarase a presentación de traballos nos seminarios, a participación activa en clase e a intervención nos debates.
Competencias avaliadas: Comp06.
IMPORTANTE:
Para PODER OPTAR pola avaliación continua o alumnado deberá asistir a un mínimo do 85% das sesións.
É OBRIGATORIA a asistencia a todas as prácticas. Si un/a alumno/a falta a algunha, deberá achegar o xustificante e recuperala canto antes. De non facelo así, considerarase que o/o alumno/a non realizou as prácticas e como consecuencia non poderá aprobar a materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións".
A materia confire 6 créditos ECTS e implica 150 horas de traballo (25 horas/ crédito ECTS).
O traballo persoal desagrégase en:
Estudo individual: 73 horas
Memoria de prácticas: 12 horas
Revisión de bibliografía: 6 horas
Elaboración de traballos, estudo de casos e problemas: 9 horas
Realización de probas de avaliación: 2 horas
O traballo presencial desagrégase en:
Clases maxistrais: 30 horas
Seminarios: 6 horas
Prácticas: 9 horas
Titorías en grupo: 3 horas
Recoméndase a asistencia a clases teóricas e a resolución de dúbidas nas titorías. Levar a materia ao día e profundar nos contidos presentados nas clases de teoría utilizando a bibliografía recomendada. Á súa vez é recomendable asistir á revisión de exames.
Os idiomas de docencia son castelán e galego.
A cualificación da 2ª oportunidade realizarase en base aos resultados obtidos nun exame final similar ao feito na 1ª oportunidade da convocatoria correspondente e ás valoracións obtidas nos demais apartados obxecto de cualificación (prácticas, traballos, avaliación continua; onde só é de carácter obrigatorio a asistencia ás clases prácticas) que se conservarán nas dúas oportunidades de cada convocatoria. Se un alumno debe cursar novamente a materia conservaráselle, se así o desexa, a nota obtida nestes apartados.
Soamente os alumnos que non realizasen ningunha actividade durante o curso serán cualificados con “Non Presentado”.
Saskia Camille Flament Simon
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Á
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- saskia.flament [at] usc.es
- 䲹ٱǰí
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Vanesa Garcia Menendez
- Departamento
- ѾDzDZdzí e Parasitoloxía
- Á
- ѾDzDZdzí
- Correo electrónico
- vanesag.menendez [at] usc.es
- 䲹ٱǰí
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Ana Fresno Herrero
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Á
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- ana.fresno [at] usc.es
- 䲹ٱǰí
- Investigador/a Distinguido/a
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | 䲹ٱá | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |
éǰ | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | 䲹ٱá | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | 䲹ٱá | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |
08.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | AULA ADE |
18.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |