Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 7 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria áٱ RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Ѳٰíܱ: Non matriculable (Só plans en extinción)
Logo de cursar esta materia, o alumnado adquirirá os seguintes coñecementos e capacidades:
-Coñecemento dos procesos de implementación dos proxectos culturais no ámbito do museo.
-Criterios de avaliación de proxectos culturais: diversidade de axentes implicados neste proceso.
-Interactuación do alumnado con profesionais da xestión cultural.
-Interactuación do alumnado con espazos e equipamentos culturais, mediante a posible organización de visitas técnicas fóra da aula.
-O museo como espazo de inclusión social e de interacción con colectivos específicos.
1. Concepto de proxecto cultural: estrutura, tipoloxía e avaliación.
2.- Avaliación de proxectos culturais para o cumprimento da ODS Axenda 2030.
3. Elaboración de proxectos culturais en ámbitos diversos: titorización e valoración.
Ministerio de Cultura y Deporte. (2020) Cartografía de proyectos. Recuperado de
Quiroga, Fran (2019): “Hacia una cultura en extensivo”, Cultura y Ciudadanía. Pensamiento (Ministerio de Cultura y Deporte). Recuperado de
SEGIB (2016). Guía para la transversalización de la perspectiva de género en los programas, iniciativas y proyectos adscritos de la Cooperación Iberoamericana. Madrid, Secretaría General Iberoamericana. Recuperado de:
Consejo Internacional de Museos. (2020) ICOM. Recuperado de
Universidad Nacional de Cuyo. (2005) Formulación de Proyectos Culturales. Recuperado de:
REDS (2020) Cultura y desarrollo sostenible. Aportaciones al debate sobre la dimensión cultural de la Agenda 2030. Recuperado de
Competencias básicas
Formar especialistas de alto nivel na análise das diversas manifestacións culturais, así como na xestión e programación de actividades e proxectos culturais especializados: exposicións, espectáculos audiovisuais, patrimonio, museos, galerías, e xeneralistas: xestoras/es de institucións locais, fundacións, empresas culturais públicas e privadas.
Competencias xerais
1. Capacidade de manexar eficientemente a información proveniente de distintas canles para a produción de coñecementos relacionados co ámbito da cultura.
3. Toma de conciencia das responsabilidades sociais e éticas vinculadas ao exercicio profesional e capacidade de reflexión e revisión crítica das dinámicas socio-culturais existentes.
4. Adquisición de habilidades e hábitos de traballo que posibiliten a autoaprendizaxe e que fomenten a formación continua (learning for life, segundo as directrices da UNESCO).
5. Adquisición das habilidades para fomentar e garantir o respecto aos dereitos humanos e aos principios de accesibilidade universal, igualdade, non discriminación e aos valores democráticos e da cultura da paz.
Competencias Específicas
1. Capacitar o alumnado para comprender e tratar as múltiples manifestacións socioculturais do mundo actual e desenvolver os proxectos culturais de distinto tipo e finalidade.
3. Adquiriri as destrezas necesarias para deseñar estratexias de intervención e actuación para cada un dos ámbitos e institucións culturais.
4. Perfeccionar as aptitudes e destrezas precisas para organizar equipos humanos e formar parte deles.
6. Achegar ás/aos estudantes un coñecemento axustado dos principios e metodoloxía da recuperación da memoria histórica e cultural.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva. A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial.
Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co/a docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación. Nesta modalidade semipresencial este proceso de titorización e de contacto entre o/a docente e o alumnado realizarase a través da aula virtual da materia e a través de MSTeams.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade
Traballo persoal: 100%
Pódese facer uso das titorías, no horario habilitado pola docente. Para unha mellor atención, recoméndase contactar previamente a través do correo institucional habilitado para tal fin.
29.05.2025 16:00-18:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
01.07.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 11 |