ȤѶֲַ

Ir o contido principal

Novos bríos para a Asociación do IV Ciclo do Campus de Lugo

De esquerda a dereita, Antonio Álvarez, Gloria érez, Francisco Fraga, Cristina érez, Asunción érez e Cosme Pombo
De esquerda a dereita, Antonio Álvarez, Gloria érez, Francisco Fraga, Cristina érez, Asunción érez e Cosme Pombo
A renovada directiva do alumnado sénior do Campus de Lugo, presidida por Cristina érez, busca máis interacción coa institución académica para complementar a oferta existente e dinamizar a “socialización” dun colectivo de arredor de 200 persoas, que atopan na nova coral universitaria dirixida por Bruno Villamayor unha nova alternativa de lecer
Lugo

A renovada directiva da Asociación do IV Ciclo do Campus de Lugo busca unha maior interacción coa institución académica para complementar a actual oferta de programas e servizos de que dispón, ademais de para dinamizar a “socialización” dun colectivo que xa ronda as 200 persoas e que desde o pasado mes de xaneiro conta coa posibilidade de sumar as súas voces á nova coral universitaria que dirixe Bruno Villamayor.

“A nosa intención é reforzar o diálogo co goberno da ȤѶֲַ, a fin de artellar máis vías de colaboración”, sinala Cristina érez, quen vén de asumir a presidencia da Asociación do IV Ciclo do Campus de Lugo á fronte dunha directiva da que tamén forman parte Gloria érez, Asunción érez e Cosme Pombo.

“Os estudantes de IV Ciclo tamén queremos ser protagonistas da vida universitaria”, salienta Cristina érez, quen, arroupada polas seus compañeiros, non dubidou en comezar esta nova etapa cunha xuntanza co vicerreitor de Ծó Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, e co adxunto á Vicerreitoría, Antonio Álvarez.

Alén de rachar co pasado, a pretensión da Asociación do IV Ciclo do Campus de Lugo pasa por ampliar cada vez máis as oportunidades que este colectivo ofrece ás persoas maiores de 50 anos, un segmento de poboación diverso, integrado na súa maioría por persoas xubiladas da vida laboral, pero “con gañas de aprender e emprender novos proxectos”.

A organización de viaxes culturais, tal e como é o xa programado a Estremadura cara a finais da primavera, ou a celebración de relatorios e charlas divulgativas abertas á participación de todo o público interesado, continuará a ocupar boa parte das iniciativas promovidas por unha asociación estudantil sénior que quere “ser máis visible”, dicen.

Un dos escaparates a través do que este colectivo pode ampliar a súa pegada na vida social da capital luguesa é a Coral Universitaria do Campus de Lugo, unha nova formación artística orientada cara a música tradicional que comezou a súa andaina o pasado mes de xaneiro baixo a batuta de Bruno Villamayor e que xa conta con arredor de 60 voces.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.10.2024.