A acción titorial está dirixida a facilitar a súa integración na institución e serve de ponte entre o alumnado e os diferentes servizos. Ademais, contribúe a personalizar a educación universitaria e dá soporte ao alumnado no seu proceso de formación nas titulacións que se imparten no Centro: Grao en Óptica e OptometrÃa, Dobre Grao en Óptica e OptometrÃa, e ²Ñá²õ³Ù±ð°ù en OptometrÃa.
Obxectivo xeral
- Establecer un sistema de información, orientación e seguimento académico para o estudantado dos tÃtulos que se imparten na Facultade de Óptica e OptometrÃa.
Obxectivos especÃficos
- Facilitar ao estudante a integración no sistema universitario.
- Facilitar información aos estudantes sobre aspectos académicos relacionados co desenvolvemento dos plans de estudo, horarios, sistema de avaliación, outras actividades académicas, saÃdas profesionais, sistemas de traballo, tempo de estudo, etc.
- Dotar ao estudante dun instrumento de orientación e apoio que lle facilite a base do seu propio proxecto académico.
- Orientar na traxectoria curricular.
- Informar sobre saÃdas profesionais.
- Buscar mecanismos de apoio e mellora para a comunicación entre os estudantes.
Para alumnado de inicio de estudos    Â
Xornada de acollida
Na xornada de acollida participan o equipo decanal, a Directora do Servizo de OptometrÃa, o/a profesor/a coordinador/a de primeiro curso, e os/ as alumnos/ as titores/ as do programa A Ponte.
Proporciónase información sobre aspectos académicos relacionados con el desenvolvemento do plan de estudos que inician, asà como dos diferentes servizos que ofrece a ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê para facilitarlle a súa integración no sistema universitario.
Visita instalacións da Facultade
Realizada polo equipo  decanal e alumnado titor do Programa A Ponte da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê.
A participación do alumnado titor nestas actividades permite poñelos en contacto cos novos estudantes desde o inicio de curso, e logo a través do correo opticaeoptometria.alumnostitores [at] usc.es (opticaeoptometria[dot]alumnostitores[at]usc[dot]es), para calquera orientación que poidan necesitar.
Curso de introdución ao uso da Biblioteca
Indicacións e recomendacións para o estudo dalgunhas materias. Acción que realizará o/a coordinador/a de a materia, curso e tÃtulo.
Actuacións durante o desenvolvemento dos estudos
Mobilidade
Charla informativa e orientación do coordinador/a de tÃtulo e Responsable académica de mobilidade (RAM) sobre programas de mobilidade, que ten lugar a principios de novembro.
Atención ao estudantado entrante para facilitarlles a integración no sistema universitario
Acción que realizará o/a Coordinador/a de tÃtulo, a RAM e alumnado titor.
Charla informativa e orientación  TFG/ TFM
Charla informativa na que, coa GuÃa de TFM ou TFG como referente, daranse indicacións e resolveranse dúbidas. Terá lugar ao final do primeiro semestre.
Charla informativa/orientación ±Ê°ù᳦³Ù¾±³¦²¹²õ Tuteladas (Grao) e ±Ê°ù᳦³Ù¾±³¦²¹²õ Externas (²Ñá²õ³Ù±ð°ù)
Charla informativa na que, coa GuÃa de ±Ê°ù᳦³Ù¾±³¦²¹²õ Tuteladas ou GuÃa de ±Ê°ù᳦³Ù¾±³¦²¹²õ Externas como referente, daranse indicacións e resolveranse dúbidas. Terá lugar ao final do primeiro semestre.
Programa de Apoio Titorial Extraordinario da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê
SolicÃtase na súa secretarÃa virtual, nos prazos establecidos en cada curso académico para tal fin (Primeiro perÃodo, para materias do 1.º semestre e anuais, sobre a segunda quincena de setembro; segundo perÃodo, para materias de 2.º semestre, sobre a primeira quincena de febreiro).
Actuacións na finalización de estudos
- Orientación sobre saÃdas profesionais
- Visita persoal CNOO de Galicia.
- Información sobre busca de emprego e emprendemento.
- Bolsa de traballo
- Sesión informativa de orientación sobre oferta de formación de posgrao.
Actuacións de aplicación xeral para todo o estudantado
Manteranse informados a todos/as alumnos/as das convocatorias que lles poidan ser de interese a través da delegación do alumnado. Accións de seguimento: En cada un dos cursos o/a coordinador/a de curso poñerase en contacto co/a alumno/a delegado/a de curso e profesorado que corresponda, a metade e ao final de cada semestre.
Formación extracurricular en óptica-optometrÃa
Ao longo do curso organizarase un programa de conferencias e charlas, que poñan en contacto aos estudantes co ámbito profesional e empresarial do sector, asà como charlas de contido cientÃfico.
A difusión do PAT realizarase a través de tres vÃas:
- GuÃa de cada titulación. Incluirase o PAT da Facultade de Óptica e OptometrÃa na guÃa do centro.
- Sesións de acollida. Nas sesións de acollida organizadas polo equipo decanal ao comezo de curso informarase o alumnado da existencia do PAT.
A avaliación realizarase ao finalizar o curso académico, a través de enquisas propias do centro que serán analizadas na Comisión de tÃtulo e informadas na Comisión de Calidade.
Esta avaliación servirá fundamentalmente para recoller as dificultades e problemas da aplicación do PAT e as suxerencias de mellora, co fin de adaptalo ás caracterÃsticas e necesidades do estudantado do Grao en Óptica e OptometrÃa e do ²Ñá²õ³Ù±ð°ù en OptometrÃa.
Alumnos titores
A figura do alumno/a titor/a é a dun estudante «veterano» que, fundamentalmente, orienta e apoia ao novo estudantado que se incorpora a un centro e titulación da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê para facilitarlle a súa mellor integración no ámbito universitario.
As súas funcións son:
- Apoiar, informar e orientar ao alumnado na súa integración
- Darlle atención individual e colectiva no momento de acollida na Facultade, informándolles da estrutura fÃsica, organizativa e funcional
- Informarlle da estrutura da titulación: cursos, materias, profesores, horarios de clases...
- Informarlle, orientalo e estar á súa disposición para dirixilo aos órganos e instancias do centro ou da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê máis apropiadas para xestionar as súas dúbidas, problemas, etc.
- Informarlle das convocatorias dos programas europeos, nacionais e internacionais, que serven de complemento formativo.
- Recoller as súas suxerencias, queixas, opinións e trasladalas ao equipo de dirección do centro