
Este programa diríxese a todos os alumnos que teñan superado, no momento de inicio, o 50% dos créditos da súa titulación, e ampárase nun convenio de cooperación educativa, polo que non hai vinculación laboral coa empresa onde se realizan as prácticas.
As prácticas en empresa son un medio de adquirir coñecementos, experiencia laboral e obter créditos dos Graos: Enxeñería Informática (GrEI), Enxeñería Química (GrEQ) e Intelixencia Artificial (GrIA).
Ao final do primeiro cuadrimestre ou inicio do segundo, e antes do remate do prazo de solicitude, organizarase unha sesión informativa para presentar en cada titulación o programa e resolver as dúbidas que poida haber.
A difusión destas sesións realizarase mediante o web, as pantallas informativas e os taboleiros.
Para as titulacións de Grao da ETSE (Enxeñaría Química, Enxeñaría Informática, Intelixencia Artificial) as prácticas en empresa son unha materia obrigatoria, polo que hai que matricularse no período ordinario ou no período de modificación/ampliación de matrícula do segundo cuadrimestre.
A xestión (administrativa e académica) do programa está a cargo da ETSE, que realizará un mínimo de 2 convocatorias para a realización de prácticas: durante o curso, e no verán.
Empresas propostas polo alumnado: Ademáis das empresas que participen inicialmente no programa é posible realizar prácticas noutras empresas, sempre que previamente exista un acordo entre a ETSE e a empresa para a realización da actividade. Se tedes contacto cunha empresa e vos interesa esta opción, falade coa responsable xeral da ETSE.
ʰáپ xestionadas por International Association for the Exchange of Students for Technical Experience (IAESTE):
(prácticas en tres destinos a elexir en calquer parte do mundo).
ʰáپ internacionais Procter&Gamble: Con proceso de selección propio. Solicitude ata final do ano anterior á realización das prácticas. .
ʰáپ internacionais Programa "Recruiting Erasmus":
Recruiting Erasmus é un proxecto innovador que nace por iniciativa de PeopleMatters co obxectivo de facilitar o contacto entre as empresas socias e os estudantes que actualmente cursan ou acaban de cursar estudos universitarios fóra das nosas fronteiras, xa sexa por medio da bolsa Erasmus ou doutro programa similar de carácter internacional.
.
Convocatoria FEUGA: Información na páxina de FEUGA . Convocatoria verán: prazo ata 1 de xuño:
Programa Erasmus-ʰáپ: Información na web de
Coa implantación dos Graos e áٱes adaptados ao EEES, as prácticas en empresa se consideran créditos optativos ou obrigatorios (dependendo do plano de estudos) do título, polo que o proceso para as empresas interesadas en contar con estudantes en prácticas é o seguinte:
- Asinar un convenio específico de prácticas en empresas coa ETSE. Para máis información sobre o proceso de sinatura, se pode consultar coa Oficina de ʰáپ en Empresas (etse.empresas [at] usc.es (etse[dot]empresas[at]usc[dot]es)). Este convenio quedará prorrogado automáticamente salvo indicación contraria por algunha das dúas partes.
- En cada convocatoria (1º e 2º cuadrimestre a tempo parcial, verán a tempo completo), encher unha Solicitude de prácticas en empresas e envialo á dirección etse.empresas [at] usc.es (etse[dot]empresas[at]usc[dot]es). É especialmente importante indicar quen vai ser o titor das prácticas na empresa.
- Proceso de selección: A empresa pode escoller o procedemento de selección do alumnado: ben directamente pola empresa ou ben dende a Escola. No primeiro caso a selección se deberá facer nos prazos que se establezan en cada convocatoria (mediados de marzo para 2º cuadrimestre e finais de maio para verán), para unha boa coordinación de todo o proceso.
- Inicio das prácticas: Ao inicio das prácticas se lle enviará á empresa a documentación para formalizar a estancia do/a estudante. Hai que ter en conta que non se poderá incorporar ningún estudante en prácticas antes de ter recibido a comunicación formal de asignación, xa que a situación laboral do/a estudante sería irregular.
- Fin das prácticas: ao rematar o período de prácticas a empresa debe enviar, á Oficina de ʰáپ en Empresas da ETSE (etse.empresas [at] usc.es (etse[dot]empresas[at]usc[dot]es)) un certificado de prácticas en empresas e un cuestionario desenvolvemento das prácticas.
áٱ en Enxeñaría Ambiental:
Dado que un dos obxectivos fundamentais desta titulación é a formación de técnicos capaces de analizar, diagnosticar e solucionar problemas relacionados co medioambiente, considérase de suma importancia que os alumnos poidan facer prácticas tuteladas en empresas ou institucións de investigación durante o seu proceso formativo.
A tal efecto esta materia figura no plan de estudios como obrigatoria e cunha significativa carga docente: 6 ECTS.
As enquisas realizadas ao alumnado de benvida mostran un alto interese por este módulo (o máis alto), expectativas que se veñen cumprindo especialmente ó longo dos últimos anos (ver enquisas de satisfacción) e incluso polos/as egresados/as (ver informe de inserción laboral).
áٱ en Enxeñaría Química e Bioprocesos: Consultar información na intranet do centro.
áٱ en Visión por Computador:
Impulsaranse convenios con empresas e centros tecnolóxicos para a realización de TFM titorizados por empresa e universidade.
Varias empresas e institucións xa colaboraron na definición do plan de estudos e teñen interese en ofertar proxectos para TFM. Tamén se ofertarán propostas para TFM e ʰáپ externas para ser realizadas en Centros de Աپó (CiTIUS, CTIC, atlanTTIC, INESC TEC), aos que están adscritos moitos/as docentes dos departamentos que impulsan o mestrado. Estos TFM tendrán una mayor orientación investigadora. A ETSE (ȤѶֲַ), a FIC (UDC), a EET (Uvigo) e a FEUP (Porto) contan cun gran número de convenios de ʰáپ externas con empresas e centros de investigación que permiten garantir unha oferta suficiente de prácticas para a demanda do alumnado.
Promoverase que as ʰáپ externas sirvan como adaptación do alumnado a nova contorna de traballo, e como preámbulo para a realización do TFM, que por exixencias da normativa portuguesa debe ter unha carga mínima de 30 ECTS.
áٱ en Computación de Altas Prestacións:
As prácticas vinculadas ao entorno profesional consistirán na execución dun traballo asociado a competencias desenroladas no transcurso da titulación. O alumnado colaborará no desenrolo dun proxecto aplicando e integrando os coñecementos e habilidades vinculadas ao áٱ HPC. A práctica fixará uns obxectivos xerais, uns resultados de aprendizaxe e un plan de actuación.
O número de créditos vinculados ás prácticas profesionais é de 6. As prácticas serán dirixidas por titores/as de perfil I+D+i no sector HPC. Se asignará a cada práctica un/unha profesor/a-titor/a (interno/a á universidade) e un/unha titor/a externo/a (persoal da empresa ou institución na que se realicen as prácticas) proposto pola entidade colaboradora. Ambos/as titores /as propondrán ao alumnado a resolución de problemas vixentes e reais nas institucións ou empresas colaboradoras e guiarán, asesorarán e avaliarán o traballo realizado polos estudantes.