ȤѶֲַ

Ir o contido principal

Convocatoria de axudas “José Otero-Carmela Martínez” para doutorandos/as da ȤѶֲַ 24/25

 

A ȤѶֲַ, en colaboración coa Fundación José Otero-Carmela Martínez, pon en marcha a terceira a través dos estudos de doutoramento dos estudantes con menos recursos económicos, ou que se atopen nunha situación persoal e familiar que o requira.

Documentación da convocatoria:

  • s

    As persoas interesadas disporán dun prazo de cinco días hábiles para formular alegacións, que abrangue dende o luns 13 de xaneiro ata o venres 17 de xaneiro de 2025, a través dunha instancia xeral de Sede electrónica dirixida á EDIUS.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, do luns 14 de outubro ao 11 de novembro de 2024.

Requisitos:

  1. Estar matriculado/a nun programa de doutoramento da ȤѶֲַ.
     
  2. Ter a última avaliación anual positiva do seu Documento de Actividades e Plan de Աپó no curso 2023-24.
     
  3. Ter unha renda familiar que se atope dentro do limiar 2 establecido no Real Decreto 201/2024 do 27 de febreiro.
     
  4. Estar censado/a nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

Conceptos subvencionables:

  1. Gastos da matrícula nun Programa de Doutoramento da ȤѶֲַ.
     
  2. Gastos derivados da realización dunha estadía de investigación nun centro estranxeiro.
     
  3. Gastos derivados da asistencia a congresos, conferencias, seminarios ou reunións científicas.
     
  4. Gastos debidamente xustificados da adquisición de equipamento tecnolóxico.

Documentación a presentar:

  • - Impreso de autorización á consulta ás administracións tributarias asinada por todos os membros computables da unidade familiar.
     
  • - Xustificación dos conceptos da axuda.
     
  • - Declaración de outras axudas percibidas/solicitadas para o mesmo fin.
     
  • Certificado do padrón de habitantes cun máximo de tres meses de antigüidade no que figuren todos os membros da familia que vivan no domicilio familiar, incluído/a solicitante.

Cando corresponda, para valorar as circunstancias de dificultade sobrevida que contempla a presente convocatoria, deberase achegar a seguinte documentación:

  • Informe dos servizos sociais que reflicta a situación familiar.
     
  • Acreditación de atoparse en situación de desemprego.
     
  • Certificado de discapacidade do 33% ou superior.