Unha investigación realizada na Facultade de Ciencias avanza no desenvolvemento de novas formulacións de tensioactivos
Unha investigación realizada polo mindoniense Lucas Piñeiro Maseda na Facultade de Ciencias do campus de Lugo e recollida na tese de doutoramento ‘Estudo estrutural e dinámico de procesos de asociación supramolecular’, dirixida polos profesores Mercedes Novo e Wajih-Al Soufi, do Departamento de QuÃmica FÃsica da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, avanza no desenvolvemento de novas formulacións de tensioactivos.
Lucas Piñeiro presenta na súa tese de doutoramento un novo modelo matemático para describir a formación de micelas en disolucións de tensioactivos. Esta nova achega permite realizar unha análise cuantitativa moito máis precisa que os métodos convencionais e fai posible obter o valor importante da concentración micelar crÃtica do tensioactivo independentemente da técnica experimental empregada.
A validez deste modelo matemático para diversos tensioactivos con diferentes caracterÃsticas estruturais demostrouse tanto mediante técnicas de fluorescencia e de condutividade eléctrica, como con datos da bibliografÃa medidos con outras técnicas.
As aplicacións desta nova fórmula son importantes para o desenvolvemento de novas formulacións de tensioactivos, tal e como pode ser o caso da industria de deterxentes. Asemade, este modelo tamén é aplicable á agregación de nano-partÃculas ou proteÃnas como o beta-amiloide, responsable da enfermidade de Alzhéimer.
Os resultados da investigación desenvolvida por Lucas Piñeiro e compilados na súa tese de doutoramento supoñen un avance importante e tiveron un grande impacto na comunidade cientÃfica internacional, tal e como o proba o feito da publicación destes traballos en revistas internacionais de alto prestixio.
Composición do tribunal e cualificación
O tribunal encargado de avaliar a tese de doutoramento presentada por Lucas Piñeiro Maseda na Facultade de Ciencias da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê estivo presidido polo experto en sistemas coloidales e nano partÃculas Juan Manuel Ruso Beiras, que é profesor da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê na Facultade de FÃsica.
Pedro Ramos Cabrer, profesor de investigación de Ikerbasque, do Centro de ±õ²Ô±¹±ð²õ³Ù¾±²µ²¹³¦¾±Ã³²Ô CIC biomaGune de San Sebastián; Silvia Zorrilla López, cientÃfica Titular do Centro de ±õ²Ô±¹±ð²õ³Ù¾±²µ²¹³¦¾±Ã³²Ôs Biolóxicas do CSIC en Madrid; Jorge Pérez Juste, profesor do Departamento de QuÃmica FÃsica da Universidade de Vigo, e a catedrática MarÃa Flor RodrÃguez Prieto do Departamento de QuÃmica FÃsica da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, tamén formaron parte do tribunal encargado de cualificar a tese de doutoramento presentada por Lucas Piñeiro e que mereceu a máxima cualificación de sobresaÃnte cum laude.