ȤѶֲַ

Pasar al contenido principal

Plan Formativo Campus Terra 2025

Curso básico sobre cultivos celulares: Introdución na investigación

12.05.2025-16.05.2025 | 09.30h-14.30h

Edificio de laboratorios da Facultade de Ciencias

Organizador: Facultade de Ciencias

Neste curso, impartido na Facultade de Ciencias, procúrase que investigadores predoutorais e postdoutorais se familiaricen coas técnicas de cultivos celulares para poder aplicalas nas súas investigacións, tanto en ensayos de infeccións como de toxicidade.

Imaxe do curso
Imaxe do curso

O Curso coordinado e impartido por Ana Fresno, investigadora Beatriz Galindo e que conta coa colaboración de Vanessa Pérez Cedrón, técnica de laboratorio, vai dirixido a investigadores predoutorais e postdoutorais co obxectivo de que poidan aprender as normas básicas na sala de cultivos e adquiran os coñecementos e habilidades asociadas ás técnicas de cultivos celulares. A formación impartirase en horario de mañá entre o 12 e o 16 de abril no Edificio de laboratorios da Facultade de Ciencias.

PROGRAMA:

  • Información xeral sobre os cultivos celulares de mamíferos.
  • Información sobre a seguridade nun laboratorio de cultivos celulares e elementos (equipos, material).
  • Protocolos esenciais e técnicas asociadas ao laboratorio de cultivos celulares.
  • Seguridade: Normas básicas de traballo no laboratorio de cultivos celulares.
  • Deseño e equipamento dun laboratorio de cultivos celulares.
  • Introdución aos cultivos celulares e un pouco de historia.
  • Tipos de cultivos celulares.
  • Aplicacións dos cultivos celulares.
  • Técnicas relacionadas (wet lab):
    o    Resucitación das células (desde o tanque de Nitróxeno)
    o    Mantemento e subcultivos (pases)
    o    Crío-preservación e almacenamento
    o    Ensaios de Infección celular
    o    Ensaios de viabilidade/ toxicidade celulares.

Os interesados en participar en este curso teñen que encribirse na seguinte As prazas límitanse a 8 persoas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.04.2025.