O Museo de Historia Natural mostra durante o perÃodo de Nadal ‘O mundo dos insectos’

A Sala de Biodiversidade do Museo de Historial Natural da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê (MHN) acolle nestas semanas de Nadal a exposición permanente ‘O mundo dos insectos’. Co lema ‘Os insectos moven o planeta’, a exposición ofrece unha panorámica completa destes animais a través dunha selección de mil especies de diferentes grupos das máis variadas formas e cores, procedentes de todos os continentes e con representación igualmente dalgunhas das especies máis comúns da comunidade galega.
Os módulos dedicados ás bolboretas e escaravellos, xa exhibidos con anterioridade, complétanse agora con novos elementos dedicados a outros grupos de insectos tanto de procedencia exótica como do resto da PenÃnsula Ibérica, entre os que figuran algúns dos máis fermosos e populares, como salóns, mantis insectos pao ou insectos folla. Ademais da beleza e diversidade de moitos dos exemplares exhibidos, quen visite a exposición terá ao seu alcance aspectos interesantes da súa bioloxÃa con información sobre a súa metamorfose, capacidade de camuflaxe, produción de sons, parasitismo, toxicidade ou migracións, entre outros aspectos de cada unha das especies, asà como sobre a súa importancia ecolóxica. Dende o Museo estiman que este enfoque axudará a comprender aspectos relacionados coa importancia da súa conservación e recuperación para o futuro do planeta.
O Museo de Historia Natural dispón ademais dun punto de fotografÃa nesta nova área no que as persoas que se acheguen a visitala poderán admirar un conxunto de réplicas realistas a grande escala, representando algúns dos insectos máis comúns e populares (vacaloura, xoaniña ou abella, entre outras). A mostra complétase cunha selección das mellores fotografÃas de insectos presentadas ao concurso FotografÃa da Natureza, organizado anualmente pola Asociación de Amigos do MHN.
Na súa organización, ademais do apoio da ConsellarÃa de Cultura, Educación e Universidades e o asesoramento de Insect Park, a dirección do MHN destaca a xenerosa colaboración de numerosos entomólogos e entomólogas galegas.

