O Campus de Lugo eleva a súa I+D a referencia mundial

O traballo , asinado pola investigadora do Campus de Lugo da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê Patricia Cazón DÃaz xunto co tamén investigador e profesor na facultade de Veterinaria da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê Manuel Vázquez Vázquez e publicado en Food Hydrocolloids, constitúe o artigo máis citado de todos os contidos incluÃdos na revista cientÃfica de referencia mundial no eido da Ciencia e TecnoloxÃa dos Alimentos desde a súa creación en 2017.
O impacto deste artigo, que segundo contabiliza a base de datos Scopus, xa foi citado 223 veces noutras publicacións cientÃficas, o que denota a súa alta repercusión internacional, acada se cabe maior notoriedade logo de coñecerse o informe anual ‘2020 Journal Citation Reports’, elaborado pola empresa Clarivate Analytics.
A última edición deste documento, no que se recollen varios indicadores de calidade, tales como o factor de impacto, un parámetro que dá conta do número de referencias de cada artigo en relación no volume de contidos editados e que se emprega para clasificar as revistas cientÃficas en función da súa repercusión internacional, ademais das principais achegas (publicacións, organismos...) ás revistas cientÃficas internacionais de referencia, sitúa Food Hydrocolloids, unha publicación centrada en investigacións orixinais e innovadoras relacionadas coa caracterización, propiedades, funcionalidade e coa aplicación de hidrocoloides en produtos alimenticios, na primeira posición do ranking de revistas cientÃficas internacionais na área de Ciencia e TecnoloxÃa dos Alimentos.
O artigo escrito pola luguesa Patricia Cazón DÃaz forma parte do proxecto de investigación desenvolvido durante a tese de doutoramento que vén de presentar esta na ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê a pasada primavera. Esta investigación de doutoramento, dirixida polo profesor Manuel Vázquez Vázquez, do Departamento de QuÃmica AnalÃtica, Nutrición e BromatoloxÃa, da Facultade de Veterinaria da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, e Gonzalo Velázquez de la Cruz, profesor do Centro de ±õ²Ô±¹±ð²õ³Ù¾±²µ²¹³¦¾±Ã³²Ô en Ciencia Aplicada e TecnoloxÃa Avanzada do Instituto Politécnico Nacional de Querétaro (México), céntrase no desenvolvemento de polÃmeros biodegradables e nas posibles aplicacións como envases alimentarios.
Os resultados da investigación desenvolvida por Cazón e Vázquez ofrece alternativas ao uso de plásticos en alimentos, tal e como se recolle no artigo publicado en Food Hydrocolloids, no que os seus autores fan unha exhaustiva revisión dos traballos de investigación, pescudas e avances acadados ata o momento para o desenvolvemento de opcións biodegradables que permitan reducir o uso e a presenza de plásticos sintéticos na industria alimentaria a partir de polisacáridos.