O fÃsico matemático inglés Roger Penrose, en Compostela para recoller o Premio Fonseca
O fÃsico matemático Roger Penrose (Inglaterra, 1931) visita Compostela esta semana para recoller o mércores o que concede o Programa ConCiencia da Universidade de Santiago de Compostela (ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê) e o Consorcio de Santiago. Penrose comparecerá diante dos medios de comunicación este martes 22 nunha rolda de prensa ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca (ReitorÃa. Santiago). O programa de Penrose continúa o martes pola tarde cunha recepción co reitor e unha xuntanza con estudantes na Facultade de Matemáticas. Na mañá do mércores reunirase con investigadores da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê na Facultade de FÃsica e xa pola tarde, ás 20.00 horas, recollerá o IV Premio Fonseca nunha cerimonia oficial no Auditorio de Novagalicia Banco (Rúa do Preguntoiro, 23. Santiago) na que pronunciará a conferencia ‘Mirando a través do Big Bang cara a Âoutro mundo’. Roger Penrose En 1988 o prolÃfico Roger Penrose compartiu con Stephen Hawking o Premio Wolf en FÃsica, considerado a antesala dos Nobel. Precisamente en 1965 en Cambridge probou con Hawking, con quen ten varias obras publicadas, que as singularidades poden formarse a partir do colapso de inmensas estrelas moribundas.