Organizer: Facultade de Humanidades
Este curso trata de introducir ao público asistente as distintas ferramentas para o desenvolvemento de investigacións cualitativas eficientes, así
como dominar o seu uso.

O seminario, impartido por Adra Pallón e Marcos Franco Vázquez, e coordinado por Gonzalo Francisco Fernández Suárez, estará dividido en dúas partes, unha primeira parte de 3 horas onde se describirán as ferramentas dispoñibles para a realización de entrevistas e ferramentas para a dixitalización e xestión de material gráfico. A segunda parte, dunha hora de duración, consistirá na explicación teórica do uso de Microsoft Forms como ferramenta para a xestión de cuestionarios.
As persoas interesadas poden inscribirse na seguinte ligazón: .