O INCIFOR é un Instituto de carácter mixto, creado por mor dun convenio entre a ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e a ConsellerÃa de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia no ano 1992, aÃnda que leva realizando labores de investigación e servizos desde o ano 1978. Inicialmente foi denominado Instituto de Medicina Legal.
Actualmente desenvolve funcións docentes e de investigación na área de Medicina Legal, asà como de asesoramento á Administración de Xustiza. Ademais, ofrece unha ampla carteira de servizos que están ao dispor de organismos públicos, grazas á continuidade do convenio inicial (agora coa ConsellerÃa de Presidencia, Xunta de Galicia), como de clientes privados.
As fronteiras do campo das Ciencias Forenses expandÃronse notablemente nos últimos anos coa introdución de novas técnicas de análises tanto en xenética forense como en toxicoloxÃa forense.
A ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê nos últimos anos organizou a súa estratexia de Investigación dentro dun espÃrito de especialización, promovendo Campus Vida, focalizado no ámbito das ciencias da vida e que mereceu o recoñecemento de Campus de Excelencia Internacional. En Campus Vida intégrase un biocluster cos principais axentes rexionais do ámbito biosanitario e ²ú¾±´Ç±ð³¦´Ç²Ôó³¾¾±³¦´Ç e a Rede de Campus de Excelencia Internacional Agroalimentarios.
Dentro deste marco encádrase o INCIFOR, que desenvolve unha intensa actividade investigadora en temas punteiros en ciencias forenses que teñen unha translación inmediata e que nos permiten ofertar á sociedade un servizo de resolución de casos de filiación cuestionada (paternidades...) e casos criminais (identificación de persoas desaparecidas, agresións sexuais etc), análises de toxicoloxÃa, patoloxÃa forense etc.
O Instituto é unha referencia internacional no campo, tanto polo impacto cientÃfico do seu traballo de investigación que o coloca nos primeiros postos do campo, como na resolución de casos criminais pola aplicación de técnicas novas en casos de difÃcil solución.